Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Novos récords do Atlética A Silva-Ordes no Campionato de España Máster en pista cuberta
12/03/2019 (Ordes)

Ordes, 12 de marzo de 2019. Tras os bos resultados obtidos polos máster do Club Atlética A Silva-Ordes no Campionato Galego de Pista Cuberta, onde sumaron 16 medallas (9 ouros, 6 pratas e 1 bronce); volvían esta fin de semana a Ourense para participar no Campionato de España Máster en Pista Cuberta. En total sumaron 10 metais. Por parte do equipo feminino destaca a actuación de Ana Abuín (ouro en peso) e a do equipo de relevos feminino de 4x200 (F40) (María Isabel Fernández, Lucía Doval, Vanessa Insaurralde e María del Carmen Araujo), que ademais de acadar o ouro bateron o récord galego da categoría. Outro récord autonómico foi o que conseguiu o  equipo de relevos masculino (José Domínguez, Alberto Vázquez, José Darío Núñez e Basilio Bernárdez) 4x200 (M45). As pratas correron a cargo de Alberto Vázquez (triplo salto) e Basi Bernárdez (lonxitude e triplo salto). Os bronces foron para José Fraga (peso) e Isabel Bermúdez (altura e 60 valos).

     Destacar que o Atlética A Silva-Ordes quedou clasificado na posición 19 dun total de 147 equipos. Con este campionato finaliza  pista cuberta e empeza a tempada ao aire libre.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo