Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O BOP publica a distribución das concellerías de Ordes
02/07/2019 (Ordes)

Tamén se informa sobre a designación dos membros da Xunta de Goberno Local

Ordes, 2 de xullo de 2019.  Con data de hoxe, martes 2 de xullo, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica a organización municipal do grupo do Goberno Local do Concello de Ordes.

          Segundo o decreto de alcaldía atribúense as seguintes áreas ou concellerías: Ana María Soneira Liñares, Medio Ambiente e Deportes; Xosé Manuel Mira Gómez, Servizos e Mantemento; Xosé Manuel Rodríguez Méndez, Medio Rural, Relacións Veciñais e Parques e xardíns; Pablo Vázquez Candal, Exposicións, Eventos e Feiras e mercados; Yessica López Varela, Economía, Comercio, Industria e Turismo; Abel Blanco Viqueira, Cultura, Mocidade e Voluntariado; Susana García Gómez, Política Social, Igualdade, Educación e Traballo; José Antonio Cabeza Fraga, Obras e infraestruturas.

     Ademais, resólvese designar como membros da Xunta de Goberno Local aos edís Ana Soneira Liñares, Xosé Manuel Mira Gómez, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, Pablo Vázquez Candal e Yessica López Varela, sendo todos eles escollidos tamén como tenentes de alcalde.

     Entre os cometidos máis destacados da Xunta de Goberno Local están o desenvolvemento da xestión económica de acordo co orzamento aprobado dispoñendo gastos dentro dos límites da súa competencia; aprobación da oferta de emprego público e cadro de persoal; aprobación de instrumentos para o desenvolvemento do planeamento, así como os de xestión urbanística e proxectos de urbanización, sempre que non sexan competencia do Pleno; outorgamento de licenzas; protección da legalidade urbanística; ditar ordes de execución; procedementos sancionadores etc.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo