Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
O cego dos monifates celebra as Letras Galegas en Ordes
16/05/2018 (Ordes)

A alameda encheuse de rapazada para desfrutar do espectáculo de monicreques baseado na obra da homenaxeada María Victoria Moreno Márquez

Ordes, 16 de maio de 2018. O Concello de Ordes continúa co seu programa para conmemorar o Día das Letras Galegas. Esta tarde a alameda de Ordes serviu de escenario para o espectáculo de monicreques ‘O cego dos monifates’. Unha peza infantil da autora María Victoria Moreno Márquez, á quen este ano se lle dedica tan importante data. Unha obra que leva o selo da compañía Garabato de Xogos e na cal participa o actor Fran Lareu, coñecido pola súa participación na serie Fariña.

Xa de cara ao venres darán comezo as xornadas participativas de creación artística arredor do Camiño Inglés. Camiño Vivido, título desta iniciativa, traerá a obra ‘Pasamaneiro’. Será de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e leva a sinatura do artista lucense Iago Eireos. Un día despois, o sábado, o dúo de poetas Aldaolado encargarase da lectura de poemas a partir das 13 horas. Ambas as citas serán na alameda.

Por outra banda, quen queira poderá visitar na biblioteca municipal a mostra dos libros e documentos bibliográficos relacionados coa vida e obra da autora homenaxeada. Ademais, tamén o venres, os nenos e nenas que pasen polas instalacións recibirán un libro como agasallo (ata esgotar os exemplares).

Para a posta en marcha destas actividades o Concello de Ordes contou coa colaboración da Deputación da Coruña.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo