Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
O Concello de Ordes destina 24.000 € ás axudas para a adquisición de material escolar
14/09/2018 (Ordes)

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de outubro. Poderase beneficiar o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria

Ordes, 14 de setembro de 2018. Ata o vindeiro 11 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de solicitude para as axudas de material escolar. A convocatoria publícase no BOP de hoxe venres. Este ano o Departamento de Educación destina 24.000 euros, 6.000 € máis con respecto ao ano pasado, para as familias que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

      Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4) ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/09/14/2018_0000006677.pdf).

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo