Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O Concello e o Monbús Obradoiro-Fundación Heracles promoven o baloncesto nos colexios de Ordes
10/06/2019 (Ordes)

Ordes, 10 de xuño de 2019.  Esta mañá os nenos e nenas de primaria dos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento recibiron a visita de dous integrantes do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles cos que, ademais de manter un rato de charla, tamén puideron lanzar a canastra.

     O principal obxectivo é o fomento desta modalidade deportiva no ámbito da poboación estudantil ordense con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Unha medida que, tanto por parte do Concello de Ordes como pola do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles, se espera que derive na posta en marcha da actividade de baloncesto ao nivel de categorías base.

     Para apoiar esta medida ata os centros escolares desprazáronse o alcalde de Ordes e as concelleiras de Deportes e Educación en funcións. Tamén estivo presente Abel Blanco, quen pasará a formar parte do equipo de Goberno nas vindeiras datas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo