Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O delegado territorial da Xunta e o alcalde de Ordes visitan as obras das beirarrúas do polígono industrial de Merelle
09/09/2019 (Ordes)

Cun orzamento de case 117.000 €, o proxecto contempla a ampliación e mellora en máis de 2.850 metros cadrados

Ordes, 9 de setembro de 2019.  O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, o inicio das obras de mellora das beirarrúas e dos servizos no polígono industrial de Merelle. Estas consisten na ampliación e mellora de 2.853 metros cadrados de beirarrúas. O investimento total ascende a 116.750 €, dos cales o 80% están sufragados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mentres que o 20% restante corre a cargo do Concello de Ordes.

     Con isto posibilitarase a construción de 990 metros lineais de beirarrúas con bordo de formigón e a colocación da tubaxe para sistema de iluminación pública entre outras medidas. De maneira previa procederase coa demolición, nivelación e compactación do terreo existente a día de hoxe. En total a actuación contémplase sobre unha superficie de máis de 2.850 metros cadrados nos que se reporán as beirarrúas existentes debido ao seu deficiente estado de conservación, ademais de ampliar o ancho actual en 2,30 metros.

     En conxunto a Xunta de Galicia outorgará 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, tendo prioridade os denominados Concellos Emprendedores (32).

     Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) teñen como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias, aínda que tamén se instalarán sistemas de seguridade e vixilancia (6), ademais de plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con vertedura á depuradora municipal (8). Tamén se levarán a cabo instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo