Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
O delegado territorial de Educación confirma un novo investimento no CEIP Castelao para optimizar as condicións térmicas do centro
11/01/2018 (Ordes)

Indalecio Sánchez Cabana, acompañado do alcalde de Ordes e da concelleira de Educación, visitou esta mañá o inmoble onde se realizará un cambio de fiestras. Ademais o Concello de Ordes asumirá a instalación dun ventilador para evitar problemas de condensación na pista do pavillón deportivo

Ordes, 11 de xaneiro de 2018. Esta mañá Indalecio Sánchez Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a provincia da Coruña, visitou o CEIP Castelao para analizar de primeira man o inmediato cambio de fiestras que se realizará nun dos inmobles onde se sitúan as aulas de educación infantil. En todo momento estivo acompañado polo alcalde e a concelleira de Educación de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García respectivamente, ademais da directora e membros da ANPA do centro.

A dita Consellería ten recoñecido un investimento de algo máis de 14.000 € para a citada obra, coa que se mellorarán notablemente as condicións do edificio e o nivel térmico tanto en aulas, baños, corredores, despachos e zonas comúns. “Trátase dunha obra xa prevista e que vén complementar o investimento realizado no cambio de calefacción levado a cabo no curso pasado”, explica Susana García. A responsable local da área educativa puntualiza que “se trata dun traballo que responde co plan de eficiencia enerxética recomendado pola Xunta de Galicia. Pretendemos mellorar as condicións do día a día tanto para o alumnado como para o profesorado, o que permitirá reducir o gasto en calefacción”. A concelleira destaca tamén o papel activo e a contribución e colaboración brindada pola ANPA “no traballo conxunto á hora de mellorar todo o relacionado co centro e a actividade educativa, como por exemplo no cambio do chan na aula de infantil, entre outras cuestións”. Un agradecemento que fai extensible tamén á Xefatura Territorial de Educación, “o que permite continuar cunha filosofía de traballo en conxunto e en equipo con todos os axentes que participan na educación dos nosos nenos e nenas”.

Investimento municipal

Outra intervención prevista é a instalación dun ventilador no ximnasio do colexio para, especialmente, evitar condensacións. Algo do que Martínez Sanjurjo informou a Indalecio Sánchez Cabana de primeira man e co que se pretende solucionar os problemas de condensación que en ocasións se rexistran neste espazo. O alcalde de Ordes manifestoulle tamén ao delegado de Educación a intención de que sexa o mesmo Concello quen sufrague os ditos gastos.

Deste xeito o Concello de Ordes continúa coa súa política de mellora e investimento nos centros académicos e educativos do municipio. Un plan que nos últimos anos leva traído o cambio de mobiliario; a reestruturación de aulas; a dotación de equipamento deportivo, lúdico e educativo; investimentos en proxectos experimentais e de investigación; así como a mellora e eficiencia enerxética dos inmobles dedicados tanto á educación infantil, primaria e secundaria. A todo isto hai que sumarlle os preto de 500.000 € que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria leva empregados neste colexio ao longo dos últimos dous anos.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo