Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
O pobo de Ordes acompaña á Garda Civil e ao corpo de Correos na celebración da súa patroa
12/10/2017 (Ordes)

Un ano máis a igrexa de Santa María acolleu os actos litúrxicos aos que asistiu o alcalde José Luis Martínez Sanjurjo e membros do seu equipo. Tampouco faltaron o xuíz decano, Xosé Manuel Maside, e os principais representantes de ambas as institucións

Ordes, 12 de outubro de 2017. A igrexa parroquial de Santa María de Ordes foi lugar de xuntanza para todas as persoas que neste día quixeron acompañar aos membros da Garda Civil e do corpo de Correos. Como cada 12 de outubro celebrouse o día da súa patroa, a Virxe do Pilar.

     Neste tamén Día da Hispanidade figuraron, entre outros, o comandante do posto da Garda Civil de Ordes, Francisco Miguel Matías; o sarxento Juan Cendal e o cabo primeiro Miguel Mosquera e Anxo Cores, director da oficina local de Correos.

     Como de costume o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, formou parte do acto, acompañado esta vez dos concelleiros de Cultura e Comercio, Xosé Manuel Mira e Xosé Manuel Rodríguez respectivamente. Ao seu carón atopábase Xosé Manuel Maside, xuíz decano de Ordes; Mariano Iglesias, alcalde de Mesía; Eduardo Rodríguez Regos, xefe da Policía Local de Ordes; así como un bo número de membros de Protección Civil de Ordes.

Ofrenda floral

Un dos momentos máis sinalados da celebración relixiosa foi a ofrenda floral realizada polos máximos representantes da Garda Civil e de Correos. Esta levouse a cabo ante o altar especialmente instalado para este día, engalanado con simboloxía patriótica e coroado pola imaxe da Santa Virxe do Pilar cuberta polo manto da Garda Civil e a bandeira nacional.

  


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo