Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
O Teke Teke C.F. Veteranos e a S.D. Santa Cruz de Montaos vencedores do IV Trofeo San Roque e do IV Trofeo Concello de Ordes respectivamente
13/08/2019 (Ordes)

Ordes, 13 de agosto de 2019.  Esta fin de semana o deporte foi unha das máximas en Ordes. E moi especialmente o fútbol debido á celebración do IV Trofeo San Roque e do IV Trofeo Concello de Ordes. Ambas as citas disputáronse no marco das instalacións deportivas de Vista Alegre durante o sábado e o domingo respectivamente. Alí numeroso público concentrouse para animar ás aliñacións, que o deron todo no terreo de xogo.

      O Trofeo San Roque tivo como gañador ao Teke Teke C.F. Veteranos. O Mesón do Vento C.F. Veteranos rematou en segunda posición, mentres que o terceiro posto foi para os Veteranos Ordes. Rematando a táboa clasificatoria figuraron a S.D.C. Órdenes Veteranos e o Poulo C.F. Veteranos.

     Pola súa banda a S.D. Santa Cruz de Montaos proclamouse vencedor do Trofeo Concello de Ordes, seguido da S.D.C. Órdenes e da A.D. Vila de Ordes en terceiro posto.

     Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como os concelleiros Ana Soneira, Abel Blanco e José Antonio Cabeza foron as persoas encargadas de entregar os trofeos.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo