Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Ordes acolle o I Trofeo Xunta de Galicia de Patinaxe coa participación de primeiras figuras a nivel mundial
16/04/2018 (Ordes)

Ordes, 16 de abril de 2018. Esta fin de semana Ordes acolleu o I Trofeo Xunta de Galicia, última cita puntuable antes de dar comezo os campionatos provinciais por categorías, onde os participantes realizaron os programas longos. Na pista do pavillón Castelao I concentrouse unha ampla selección cos 76 mellores deportistas de toda a provincia procedentes de 16 clubs distintos, das categorías infantil, xuvenil, júnior, benxamíns, alevíns, cadetes e sénior. Entre todas e todos eles figuraron 5 campións nacionais, 2 europeos. Entre eles Unai Cereijo e Nadia Iglesias, actuais campións europeos nas categorías alevín e júnior respectivamente. No caso de Nadia Iglesias ademais é a número 3 do mundo.

As catro patinadoras ordenses seleccionadas para este campionato fixeron un moi bo papel: Lucía Deus foi oitava na categoría alevín, Laura Montero ocupou o décimo quinto posto na infantil e Alba Diéguez e Lara Reboredo foron as números dez e once respectivamente en cadete.

O I Trofeo Xunta de Galicia foi organizado polo Club de Patinaxe Galia e patrocinado por Deleite contando ademais coa colaboración da Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e o Concello de Ordes. Precisamente foron o alcalde e a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira respectivamente, os encargados de facer entrega dos trofeos.

As vindeiras competicións para o CP Galia serán este sábado 21 de abril na Copa Galega de Grupos Show, co grupo xuvenil Noite Estrelada. Xa o 28 deste mes terá lugar o Campionato Provincial Cadete, en Caión, ata onde se desprazarán Alba Diéguez e Lara Reboredo.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo