Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Ordes prepárase para acoller o XVII Campionato Galego de Cetrería
11/10/2018 (Ordes)

Terá lugar no Mesón do Vento a última fin de semana deste mes. Haberá probas de altanería, pequenas aves e baixo voo. O programa inclúe a estrea do documental Comercio de falcóns en Emiratos Árabes

Ordes, 11 de outubro de 2018. Por terceiro ano consecutivo o concello de Ordes, e máis concretamente a localidade do Mesón do Vento, acollerá un campionato de cetrería. Segundo estimacións da organización máis de medio cento de aves rapaces participarán os vindeiros 26, 27 e 28 de outubro no que será o XVII Campionato Galego de Cetrería.

     Quen queira competir deberá solicitar o enlace de inscrición en campeonatos@galegadecetreria.gal. É requisito fundamental estar en posesión da tarxeta federativa en vigor. As cotas son de 50€ e de 55€ (25€ segundas inscricións) para as probas de altanería e baixo voo respectivamente. No caso das pequenas aves a cota é de 40€ (15€ segundas inscricións). O pagamento deberá facerse na seguinte conta de Abanca ES03 2080 5021 5130 4002 2803. Como máximo admitiranse 20 aves por cada categoría seleccionadas por rigorosa orde de inscrición. Para calquera consulta pódese chamar aos teléfonos 618186976 e 610426030.

     O primeiro día o programa arrancará ás 21 horas no Museo do traxe coa estrea do documental ‘Comercio de falcóns nos Emiratos Árabes’, de Adrián González, tras o cal  se abrirá un debate e se sortearán as quendas de voo dos participantes do campionato.

     O sábado, día 27, a competición iniciarase ás 9 horas. Durante toda a xornada disputaranse as probas de altanería, baixo voo azores, pequenas aves e baixo voo. Para concluír, ás 21 horas celebrarase unha cea de confraternidade entre todos os cetreiros e cetreiras.

     O último día, o domingo 28, terá lugar ás 9 horas o inicio dos voos dos finalistas. Xa ás 17 horas entregaranse os trofeos e proclamaranse os novos Cetreiros do Camiño, aos que se lles entregará un diploma e unha insignia exclusiva.

Todas as probas terán lugar no campo de competición que se habilitará na parroquia do Mesón do Vento (coordenadas:43º08´24.0”N 8ª22'06.5”W). Situación htpps://goo.gl/maps/RzfJQEdppyp.

       O XVII Campionato Galego de Cetrería está organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería, e conta coa colaboración do Concello de Ordes, Sociedade Deportiva O Gatillo, Deporte Galego, Galicia Saudable e Mutuasport.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo