Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Ordes súmase ao berro da cidadanía polo 8M
08/03/2019 (Ordes)

Ordes, 8 de marzo de 2019. Co gallo do Día Internacional da Muller celebrado hoxe, Ordes acolleu unha serie de actos reivindicativos en prol da igualdade e dos dereitos das mulleres. Por unha parte, Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación, compartiu a xornada co alumnado da escola infantil municipal Sorrisos e dos colexios O Mesón do Vento e Castelao. Nestes dous últimos os nenos e nenas mostraron as mensaxes plasmadas nos bocadillos feitos con  cartolinas de cor lila, iniciativa promovida pola Mancomunidade de Ordes. Por outra parte, a Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) organizou unha concentración a media mañá ás portas do edificio consistorial antigo. Nela participaron un bo número de veciños e veciñas, entre eles o alcalde de Ordes José Luis Martínez Sanjurjo.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo