Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Pisando Ovos pon ritmo á alameda de Ordes
15/04/2019 (Ordes)

Ordes, 15 de abril de 2019. Pisando Ovos foi o espectáculo de danza e música electrónica que esta fin de semana Ruth Balvís e Jash Processor ofreceron na alameda de Ordes. Unha intervención artística integrada dentro do programa cultural Do Camiño Vivido composta por pezas experimentais nas que un dj e unha bailarina danse a man creando un código de comunicación vangardista e único capaz de transformar o son e o movemento.

     Do Camiño Vivido é unha iniciativa desenvolvida pola Deputación da Coruña en colaboración cos municipios de Ordes, Narón, Culleredo, Oroso e Betanzos. O Camiño Inglés é o eixe central desta actividade aberta á cidadanía que conta con teatro, demostracións de cociña, funambulismo, circo ou música.

 


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo