Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Plan anual normativo 2019 da Mancomunidade de Ordes
19/12/2018 (Mancomunidade)

Plan anual normativo 2019 da Mancomunidade de Ordes

 

ÍNDICE

 

1. MOTIVACIÓN.

2. CONTEXTO.

3. OBXECTIVOS.

 1. MOTIVACIÓN

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece no art. 132 a obriga de implantar anualmente un Plan Normativo que conterá as iniciativas legais ou regulamentarias que se van aprobar para o ano seguinte. Unha vez aprobado o Plan deberase publicar no Portal de Transparencia da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

A potestade normativa local vén atribuída por lei a algúns entes locais para poder innovar o Ordenamento Xurídico mediante disposicións de carácter xeral, de rango regulamentario, e así se recoñece no art. 4.I.a) da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases do réxime local.

É á Asemblea da Mancomunidade a quen lle compete a aprobación inicial e definitiva das normas nas que se articula a potestade regulamentaria, por ter atribuída a dita competencia no art. 22.2.d) da Lei 7/85.

Denomínase ordenanza á potestade normativa local reguladora da actividade dos/as veciños/as e particulares, e regulamento á potestade normativa local reguladora dos servizos.

Os regulamentos constitúen a base para uns bos resultados no funcionamento dos órganos e servizos.

Nas ordenanzas plásmanse os requisitos e condicións de desenvolvemento de múltiples actividades que a cidadanía ha de realizar e, ao regular os procedementos, inciden tanto na cidadanía, que debe saber que cargas administrativas asume en cada caso, como nos operadores públicos, que son os que han de actuar no desenvolvemento dos procedementos que as ditas normas regulan.

Polo tanto, é preciso que esas determinacións do funcionamento de calquera institución ou servizo público sexan claras, coñecidas e coherentes co resto do ordenamento xurídico e cos obxectivos de organización, ao servizo da cidadanía. Así, se as normas xurídicas non responden ás necesidades do contexto social ao que serven, ou non están ben elaboradas, ou non son coñecidas ou aplicadas, os efectos que producen son os contrarios á súa finalidade reguladora, xerando inseguridade xurídica, confusión e distancia entre as necesidades da cidadanía e a acción da Administración Pública.

 2. CONTEXTO

 Na Comunicación da Comisión ao Consello e ao Parlamento Europeo, do 16 de marzo de 2005, “Legislar mejor para potenciar el crecimiento y el empleo de la Unión Europea”, a comisión recomendaba que todos os Estados membros establecesen estratexias para lexislar mellor e, en particular, sistemas nacionais de avaliación de impacto que permitisen determinar as consecuencias económicas, sociais e medioambientais dunha norma, así como as estruturas de apoio adaptadas ás súas circunstancias nacionais.

Os diversos informes internacionais sobre a materia definen a regulación intelixente como un marco xurídico de calidade, que permite o cumprimento dun obxectivo regulador á vez que ofrece os incentivos adecuados para dinamizar a actividade económica, permite simplificar procesos e reducir cargas administrativas. Para iso, resulta esencial unha adecuada análise de impacto das normas de forma continua, tanto ex ante como ex post, así como a participación da cidadanía e das empresas nos procesos de elaboración normativa, pois sobre eles recae o cumprimento das leis.

Na última década, a Lei 17/2009, do 23 de novembro, e a Lei 2/2011, do 4 de marzo, supuxeron un avance na implantación dos principios de boa regulación, especialmente no referido ao exercicio das actividades económicas. Tamén a Lei 20/2013, do 9 de decembro, deu importantes pasos adicionais, ao poñer á disposición da cidadanía a información con relevancia xurídica propia do procedemento de elaboración


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo