Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Presenza por primeira vez do Club Atlética A Silva-Ordes no Campionato Nacional por Equipos
05/06/2019 (Ordes)

Ordes, 5 de xuño de 2019. Máis vitorias para o Club Atlética A Silva-Ordes. Concretamente as acadadas por Alma Bello Iglesias, ouro en 50 metros e prata en salto de lonxitude, e a de Bruno García Blanco, bronce en lonxitude dentro do Campionato Galego das categorías S10 e S12. A proba disputouse esta pasada fin de semana en Lugo.

     Ademais, cómpre dar conta tamén da participación infantil feminina (S14), que se desprazará ata Cidade Real para participar, por primeira vez na súa traxectoria, no Campionato de España por Equipos, o cal terá lugar os vindeiros 15 e 16 deste mes. As súas integrantes serán: Noa Rey, Andrea Orjales, Diana Mosquera, Antía Rey, Julia Parcero, Ángela Pereiro, Sara González, María Pena e Nadia González.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo