
11/02/2019 (Ordes)
Ordes, 11 de febreiro de 2019. Os 130 veciños e veciñas de Ordes que están a realizar o Camiño Portugués pola costa dende o pasado mes de outubro completaron esta fin de semana a quinta etapa. O tempo acompañou para desfrutar deste traxecto entre Redondela e Pontevedra, o cal tamén realizou a concelleira de Deportes Ana Soneira.