Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Rexeitado por Medio Rural o proxecto do vertedoiro de Lesta
10/04/2019 (Ordes)

A parcela na que se propón a súa construción está catalogada como solo especial de protección agropecuaria

Ordes, 10 de abril de 2019.O polémico vertedoiro de residuos non perigosos de Lesta promovido por Reciclaje Amiental Lesta S.L. conta cunha traba máis para a súa construción. Medio Rural considera a parcela onde se propón o dito proxecto como solo rústico de especial protección agropecuaria. O informe foi solicitado polo Concello de Ordes a petición da Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Residuos non Perigosos de Lesta.

      O dito documento foi remitido hai escasos días á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, concretamente á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático co fin de arquivar e rematar definitivamente coa tramitación do dito proxecto. Con todo isto, dende o Departamento de Servizos Urbanísticos do Concello de Ordes infórmase de que as instalacións do vertedoiro son incompatibles co planeamento e demais disposicións legais relacionadas con este.

     Ao tratarse dun solo rústico de especial protección agraria segundo a Xunta de Galicia “todas as reestruturacións parcelarias da zona, con clara vocación agropecuaria, deben responder a unha ampliación ou actualización das instalacións agropecuarias existentes”. Tal e como foi redactado o proxecto este suporía un incremento de tráfico rodado o que, xunto cos ruídos xerados pola propia actividade, prexudicaría o habitual desenvolvemento da actividade agraria e gandeira da zona”.

         Como parcela con vocación agraria esta foi sometida ao proceso de reestruturación (concentración parcelaria San Andrés de Lesta. 1993)  para mellorar a súa viabilidade técnica, económica e social. Os obxectivos desta medida pasan polo incremento da área coa mobilización dos predios, ademais de garantir a utilización para uso agrario nos terreos onde se investiron importantes orzamentos. Así, segundo os datos do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, nas parroquias de Lesta e Mercurín atópanse inscritas 58 explotacións, das cales 26 teñen cualificación prioritaria.

         A maiores, e tendo en conta a normativa subsidiaria de planeamento municipal baixo a que se rexe o ordenamento do concello de Ordes, obsérvase que na dita parcela teñen o seu nacemento varias correntes de auga superficiais, polo que lle corresponderá o disposto na Lei do Solo de Galicia, ademais de atoparse dentro da zona de servidume aeroportuaria do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela).


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo