Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Selo Europeo de Calidade en innovación para o CEIP O Mesón do Vento
29/11/2018 (Ordes)

Grazas ao proxecto ‘What are some traditional dishes of your country?’o centro inclúese no mapa do programa educativo eTwinnig, do que só forman parte o 1% dos colexios do continente

Ordes, 29 de novembro de 2018. Esta mañá tivo lugar a entrega do Selo Europeo de Calidade concedido pola prestixiosa plataforma educativa europea eTwinning (European Quality Label) ao CEIP O Mesón do Vento. Un premio á innovación educativa obtido polos profesores da sección bilingüe Xela Cuñarro, Rocío Souto e Alexandro Varela grazas ao seu proxecto ‘What are some traditional dishes of your country?’ (Cales son os pratos tradicionais do teu país?) desenvolvido dende a dita plataforma.

     Valéndose dun proxector e un ordenador portátil os alumnos e alumnas do centro realizaron un percorrido polo proxecto para amosárllelo a compañeiros e compañeiras, ademais de a pais, nais e profesorado. Un traballo que, en palabras dos embaixadores eTwinning en Galicia, “fai que este centro entre no grupo de centros eTwinning, que a día de hoxe son un 1% en toda Europa”.

     Ademais do cadro directivo do colexio, no acto de hoxe tamén estivo Javier Vázquez, inspector de Educación, e Susana García, concelleira de Educación do Concello de Ordes. A edil amosou o seu orgullo non só polo premio acadado, senón tamén polo colexio e polo traballo realizado por parte das familias, profesorado e os propios nenos e nenas. Tamén ofreceu súa colaboración e a do Departamento de Educación para colocar no mapa europeo o centro a través de proxectos dese tipo”.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo