Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Tarde de Entroidada para a rapazada de Ordes no pavillón Campomaior
12/02/2018 (Ordes)

Terá lugar mañá martes e están previstos obradoiros, inchables e bailes

Ordes, 12 de febreiro de 2018. Un ano máis o Concello de Ordes reserva un espazo especial para os máis pequenos e pequenas no seu programa de Entroido. A Tarde de Entroidada terá lugar mañá martes, 13 de febreiro, dende as 16.30 ata as 19.30 horas. O lugar escollido nesta ocasión é o pavillón Campomaior debido ás previsións meteorolóxicas.

Inchables, obradoiros creativos sobre a temática do Entroido, flocos de millo, baile e moitas máis sorpresas serán algunhas das actividades coas que poderán desfrutar os nenos e nenas.

Xa de cara ao vindeiro sábado, día 17, terá lugar o tradicional Sábado de Piñata, no que novamente se agardan milleiros de asistentes que encherán as rúas de Ordes e o Campo da Feira para non perder o desfile e o concurso de disfraces, no que se repartirán máis de 4.400 € en premios. Un ano máis o Concello de Ordes conta co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores para esta celebración.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo