Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Titiricircus en Cultura na rúa
11/07/2019 (Ordes)

Mañá venres a partir das 20 horas na alameda os monicreques da compañía Tanxarina renderanlle unha emotiva homenaxe ao mundo do circo clásico

Ordes, 11 de xullo de 2019. O Concello de Ordes continúa co seu programa Cultura na rúa. A nova data está posta para mañá venres, 12 de xullo, xornada na que os monicreques serán o prato forte. Titiricircus é o título do espectáculo que ofrecerá a compañía Tanxarina a partir das 20 horas na alameda. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa. Todo a través dos recordos e historias de dous dos seus vellos traballadores e para o que se valen de  marionetas e fíos. Sempre coa participación do público, serán capaces de repetir moitos dos números máis importantes que chegaron a darlle alta sona ao dito circo, como poden ser o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo etc.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo