Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Todo listo para a IX Feira de Oportunidades
04/09/2019 (Ordes)

Dende o vindeiro xoves e ata o sábado os comerciantes de Ordes ofrecerán os mellores prezos en moda, calzado e decoración

Ordes, 4 de setembro de 2019. O Concello de Ordes xa ten todo listo para que mañá xoves, 5 de setembro, arranque a  novena feira de oportunidades. Ata o sábado no primeiro andar da Praza de Abastos poderanse atopar as mellores gangas ofrecidas polos comerciantes de Ordes a todo tipo de público. O  horario irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

     Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración) e Juan Carlos Varela (moda infantil).

         Tamén se habilitará un recuncho infantil para as persoas que visiten a feira. O xoves e venres o horario deste servizo irá de 18 a 20 horas. O sábado será de 10.30 a 12.30 horas e novamente de 18 a 20 horas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo