Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Todo listo para que mañá pola tarde dea comezo en Ordes o concurso de tapas De bo dente
11/07/2018 (Ordes)

Nesta cuarta edición, que concluirá o sábado, participan máis dunha ducia de establecementos que optarán a premios concedidos polo público e por un xurado

Vela enfeitizada, Mousse de salmón con queixo peregrino Casa Grande de Xanceda, Xarrete de tenreira galega estufado, Champiñón da Barrica, Costela Islia ou Coulant de polbo. Estas tan só son algunhas das creacións que se poderán degustar na cuarta edición do concurso de tapas ‘De bo dente’, o cal dará comezo mañá (de 19.30 a 23.30 horas)  e concluirá o vindeiro sábado.

     En total teñen confirmada a súa participación 13 establecementos, os cales elaborarán unha única tapa co fin de conseguir ser a mellor valorada, xa sexa polo público ou polo xurado. Con isto o Concello de Ordes, organizador do evento, pretende incentivar a cultura das tapas, á par que promove e dinamiza a hostalería local.

     A normativa esixe un consumo mínimo de cinco establecementos para poder votar e poder optar a algún dos seguintes premios:

  1. Viaxe por un valor de 400 € por cortesía de Estrella Galicia.
  2. Estancia por valor de 200 € por cortesía de Estrella.  E vales de Sportec, Doblanc e de Alfombra Roja por valor de 25 € cada un.
  3. O peso en cervexa do gañador ou gañadora e unha cea para dúas persoas por valor de 100€ por cortesía de Estrella Galicia, ademais de dous vales outorgados por Peteiro decoración e Sportec por valor de 25 € cada un. Tamén haberá unha cesta da froitería  Eurofrut.

     Pola súa banda os establecementos poderán acadar os seguintes premios:

  1. ‘Tapa do Xurado’ consistirá nun cheque por valor de 200 €. Valorarase a elaboración, o sabor, a presentación, a calidade do servizo e a rapidez, así como o emprego de produtos de Galicia.
  2. ‘Tapa do Público’, dotado con 160 €.

     As tapas ofreceranse, ademais de mañá pola tarde, o  venres e o sábado de 13 a 15 e de 19.30 a 23.30 horas. O público plasmará nos boletos que se entregarán en cada bar ou restaurante un único voto por tapa consumida, para posteriormente depositalo nas urnas que se colocarán nos establecementos.

     Os bares e restaurantes que participan na edición deste ano son: EL TÚNEL, A BARRICA ADEGA, CERVEXERÍA ISLIA, CERVEXERÍA O 27, ABACCO, LITTLE COFFEE, BLACK & WHITE, CAFETERÍA SAN ROQUE, EL SALÓN, CAFETERÍA DONIÑA, BAR MARAL, FEITIZO e BAR CORREOS.

     No concurso colaboran tamén as seguintes firmas: Distribucións Toribio Viqueira, bodegas Carballo, Doblanc fotodepilación e estética, Alexandra Maneiro peluquería, Futur Viajes, Sportec Ordes, Don Adrián zapatería, Manuel Rodríguez, Anhelos, Eurofrut, Peteiro decoración, Alfombra Roja zapatería e almacéns Cancela.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo