Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Visita dos escolares do Castelao á mostra sobre María Victoria Moreno
11/10/2018 (Ordes)

Ordes, 11 de outubro de 2018. Arredor de 70 nenos e nenas de cuarto de primaria do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao visitaron esta mañá a exposición que se exhibe nestes días no Museo do Traxe sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, última galardoada no Día das Letras Galegas.  Cada un e unha delas puideron achegarse ao labor desta grande literata a través dos paneis ilustrativos onde se plasman personaxes, escenarios e fragmentos das súas obras máis representativas. A mostra conta tamén con dúas vitrinas repletas de obxectos persoais como os lentes, manuscritos ou a máquina de escribir da autora. A dita mostra forma parte da programación levada a cabo pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O horario de visitas vai de martes a sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, así como os domingos de 10 a 14 horas.


Anterior Siguiente
Novas de..
Mancomunidade de Ordes
Cerceda
Frades
Mesía
Ordes
Oroso
Tordoia
Trazo