Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

O Mesón de Deus

 981 697 874  |    info@mesondedeus.com  |  

As nosas especialidades máis recoñecidas son, entre outras: o polbo á brasa, as ameixas á prancha, as croquetas caseiras e as nosas carnes á brasa, entre as que destaca o entrecosto de boi e o lombo baixo arxentino. Tamén destacamos os nosos peixes, como o rodaballo ao forno, o bacallau da casa ou o peixe sapo con salsa de cogomelos e ameixas.

As nosas sobremesas caseiras, como as filloas con crema de tofe, a panacota, as canas de nata e chocolate ou o sorbete de limón poñerán o colofón.

Neste restaurante, que presume de ser o primeiro que se abriu na vila de Ordes, foi detido en 1815 o xeneral Juan Díaz Porlier. Eran as 23.00 da noite do 22 de setembro e o que protagonizara o primeiro pronunciamento contra Fernando VII ceaba con varios dos seus oficiais no Mesón de Deus. Foi entón, e aquí, cando o sorprenderon, encadearon e levaron cara á Coruña, onde tras permanecer sete días espido no calabozo foi condenado á forca.

Acababa Porlier de formar na cidade herculina a chamada Xunta de Galicia, que proclamaba a constitución e, confiado en que un Goberno representativo podería darlles fin aos males que trouxera o reinado absolutista, saíu cara a Compostela, seguro de atopar alí o apoio doutras forzas. Pero decidiu quedar a noite en Ordes e aquí o apresaron os mandados por Felipe Saint-March, capitán xeral de Galicia, e José Imaz, comandante xeral.

Onde queres comer?
Restaurante
Zona de?

Restaurantes da zona
Casa rural Casal dezaoito
Ordes (1.69 km)
A Casa da Escola
Trazo (20.52 km)
Pensión Residencia Louro
Ordes (1.17 km)
Casa Fonte do Barro
Trazo (13.91 km)
Hostal Cadaval
Frades (19.97 km)