Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados

Servizos Sociais

Que son?

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación da comarca de Ordes e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

 

Programas

Os programas básicos de actuación que se desenvolven na atención primaria son:

-          Programa de orientación, asesoramento e información

-          Programa de axuda no fogar

-          Programa de inserción social

-          Programa de animación, prevención e cooperación social

-          Programa de convivencia alternativa

 

Ámbitos de actuación

Terceira idade

Muller

Inmigración

Familia, infancia e mocidade

Inclusión social

Discapacidade

Dependencia

 

Horarios de atención ao público

Luns, martes, mércores e venres, de 10:00 a 14:00 horas (con cita previa).

 

Teléfonos de contacto:

Mancomunidade de Ordes: 981 680 002, ext.1

Concello de Frades: 981 695 567

Concello de Ordes: 981 680 002, ext.1

Concello de Oroso: 981 688 950