Animación Sociocultural
Que é?
É un servizo que se ofrece tanto aos concellos da comarca como aos usuarios e usuarias destes, tanto os que pertenzan a algún colectivo como a nivel individual. Dende el axúdase e asesórase ás asociacións de calquera tipo (ANPAS, asociacións veciñais, culturais, deportivas, xuvenís...) en temas relacionados con tramitación de subvencións, creación de asociacións novas, modificación de datos nos rexistros etc.
A nivel concellos e Mancomunidade organízanse actos de tipo cultural e deportivo, tales como: asistencia a feiras de mostras, cursos, charlas, concursos e certames, obradoiros, festas (xuventude, gastronómicas...), exposicións, programación teatral, programación de Nadal, Entroido, verán, galas etc. Ademais, tamén se tramitan anualmente diferentes subvencións ás distintas administracións públicas e convócanse axudas a entidades municipais.
Horario:
De 9:00-15:00 de luns a venres
Onde o podes atopar:
Luns: Concello de Tordoia
Martes:Centro cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro (Oroso)
Mércores: Concello de Ordes
Xoves: Concello de Trazo
Venres: Concello de Frades
Contacto
Programa de animación sociocultural
Responsable: Elena Vilariño Fraga
Teléfonos:
Luns: 981690001
Martes: 981690003
Mércores: 981680002-ext. 4
Xoves: 981689001
Venres: 981695567
Correo electrónico: elena.vilarino@ordes.gal