Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Atención Temperá

Que é?

Entendemos por Atención Temperá o conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e ao medio, que teñen por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen  risco de padecelos.

 

Obxectivos do Servizo de Atención Temperá

  1. Valorar e atender  a situación de risco para o desenvolvemento do/a neno/a
  2. Ofrecer unha valoración para a intervención das dificultades nas distintas áreas do desenvolvemento: psicomotriz, cognitiva, comunicativa, sensorial, adaptativo-social etc
  3. Proporcionar tratamento individual e específico para cada neno/a, a súa familia e  o seu contorno
  4. Ofrecer colaboración e asesoramento técnico coas entidades sanitarias, sociais e educativas para a integración do/a neno/a e para a prevención de situacións de risco
  5. Divulgar e informar en todos os ámbitos sanitarios, educativos e sociais sobre a importancia da detección, prevención e intervención precoz
  6. Programar distintas accións de prevención e actuación no eido das necesidades da infancia
  7. Actuar como medida de detección e  prevención de trastornos e dificultades do desenvolvemento.

 

A quen vai dirixido

 Á poboación infantil de 0-6 anos susceptible de atención temperá:

- Nenos e nenas con trastornos ou necesidades permanentes

- Nenos e nenas con trastornos ou necesidades transitorias

- Nenos e nenas en risco biolóxico ou social.

 Ás familias  dos/as usuarios/as do programa.

 

Onde se localiza

Está situado en Rúa Alfonso Senra 106 2ºA Ordes.

 

Horario

De Luns a Xoves de 8:00h a 21:00h

Venres de 8:00h a 15:00h

 

Contacto

Teléf.:  981680672

atencion.tempera@ordes.gal

 

Profesionais do SAT

Licenciada en Psicoloxía: Raquel Boquete Orgeira

Núm. Colex. : G- 3443

Diplomada en Logopedia: Iria Botana Lois

Núm. Colex.: 15/0004

Diplomada en Logopedia: Lidia Méndez García

Núm. Colex.: 15/0381

Licenciada en Psicopedagoxía: Patricia García González

 

Descargas

Regulamento Interno

Memoria SAT 2011

Memoria SAT 2012

Memoria SAT 2013

Canción e xogos de 0 a 6 anos

Cómo hablar para que los niños escuchen

 

 Operación cofinanciada pola Unión Europea

 Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

 Obxectivo temático 9:

  “Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación”

 O FSE inviste no teu futuro