Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

0-3 anos

Presentación

A Mancomunidade de Ordes, a través do Servizo de Atención Temperá, presenta esta guía “Dende a Casa” (0 a 3 anos), que ten como obxectivo ser unha guía de referencia para as familias dos concellos da comarca de Ordes, onde se expón o desenvolvemento dos nenos e nenas de cero a tres anos, así como as pautas de estimulación que poden levar a cabo os pais e nais nestas idades.

Desexamos que os seus contidos cumpran o seu obxectivo, favorecer o desenvolvemento óptimo dos máis cativos desde o seu contorno máis próximo, no seu día a día, coa súa familia, DENDE A CASA.

Os primeiros tres anos de vida son importantísimos para o desenvolvemento posterior de cada neno/a, xa que a plasticidade cerebral desta etapa determina en gran medida as potencialidades de cada cativo.

Nestes primeiros anos, os/as pequenos/as dependen daquelas persoas que os/as rodean, polo que é necesario un ambiente que lles permita non só satisfacer as súas necesidades básicas senón desenvolver as súas capacidades e habilidades.

Debemos saber que este desenvolvemento é progresivo, e podemos entendelo mellor a partir dos indicadores que se expoñen a continuación. Os indicadores de desenvolvemento son as habilidades que fan a maioría dos nenos e nenas a certa idade, aínda que se deben ter en conta as peculiaridades evolutivas e ritmos diferentes de cada neno/a, que teñen que ver coas diferentes características persoais ou co ambiente no que se desenvolven.

Por outra parte, en cada unha das idades, de maneira orientativa, inclúense signos ou sinais de alarma. Para evitar falsas alarmas, e dadas as peculiaridades destas idades, é imprescindible que se dean simultaneamente dous dos síntomas indicados ao finalizar cada etapa. Ante estes sinais, sempre é recomendable consultar cun especialista, que nos poderá aclarar o necesario respecto á nosa posible preocupación.

ÍNDICE DE CONTIDOS

1. Indicadores de desenvolvemento no primeiro ano de vida (0-1)

Desenvolvemento psicomotor e autonomía persoal

Desenvolvemento das relacións

Comunicación e linguaxe

sinais de alarma

2. Indicadores de desenvolvemento no segundo ano de vida (1-2)

Desenvolvemento psicomotor e autonomía persoal

Desenvolvemento das relacións

Comunicación e linguaxe

sinais de alarma

3. Indicadores de desenvolvemento no terceiro ano de vida (2-3)

Desenvolvemento psicomotor e autonomía persoal

Desenvolvemento das relacións

Comunicación e linguaxe

sinais de alarma

4. Pautas de estimulación

4.1. Pautas educativas 0-1 ano

Estimulación sensorial

Desenvolvemento motor

Desenvolvemento cognitivo

Desenvolvemento comunicativo

Desenvolvemento persoal e social

4.2. Pautas educativas 1-2 anos

Desenvolvemento motor

Desenvolvemento cognitivo

Desenvolvemento comunicativo

Desenvolvemento persoal e social

4.3. Pautas educativas 2-3 anos

Desenvolvemento motor

Desenvolvemento cognitivo

Desenvolvemento comunicativo

Desenvolvemento persoal e social

 

Descargas

0-12 meses.Indicadores de desenvolvemento e Pautas de estimulación.

12-24 meses. Indicadores de desenvolvemento e Pautas de estimulación.

24-36 meses. Indicadores de desenvolvemento e Pautas de estimulación.