Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

3-6 anos

Presentación

A Mancomunidade de Ordes, a través do Servizo de Atención Temperá, presenta esta guía “Dende a Casa” (3-6 anos), que ten como obxectivo ser unha guía de referencia para as familias da Comarca de Ordes.

Nesta guía recóllense os trazos principais do desenvolvemento na etapa 3-6 anos, así como orientacións xerais para a estimulación das distintas áreas que poidan ser levadas a cabo polos pais e nais.

Desexamos que a guía axude a seguir favorecendo o desenvolvemento dos máis cativos DENDE A CASA, dende a familia.

A etapa de 3-6 anos é moi importante para o descubrimento do contorno dos nenos e nenas, xa que as súas capacidades e habilidades se desenvolven dun xeito extraordinario en novos contextos como a escola.

Nestes anos, os pequenos xa dependen menos daquelas persoas que os rodean, polo que é necesario promover a súa autonomía dándolles os recursos e estratexias necesarios para que por si mesmos fagan novas aprendizaxes.

Debemos saber que este desenvolvemento é progresivo, e podemos entendelo mellor a partir dos indicadores que se expoñen a continuación. Os indicadores de desenvolvemento son as habilidades que fan a maioría dos nenos e nenas a certa idade, aínda que se deben ter en conta as peculiaridades evolutivas e ritmos diferentes de cada neno/a, que teñen que ver coas diferentes características persoais ou co ambiente no que se desenvolven.

Por outra parte, en cada unha das idades, de maneira orientativa, inclúense signos ou sinais de alarma. Para evitar falsas alarmas, e dadas as peculiaridades destas idades, é imprescindible que se dean simultaneamente dous dos síntomas indicados ao finalizar cada etapa. Ante estes sinais, sempre é recomendable consultar cun especialista, que nos poderá aclarar o necesario respecto á nosa posible preocupación.

ÍNDICE DE CONTIDOS

1. Indicadores de desenvolvemento 3-4 anos.

Desenvolvemento motor e perceptivo

Desenvolvemento cognitivo

Comunicación e linguaxe

Desenvolvemento social

Desenvolvemento persoal

2. Indicadores de desenvolvemento 4-5 anos.

Desenvolvemento motor e perceptivo

Desenvolvemento cognitivo

Comunicación e linguaxe

Desenvolvemento social

Desenvolvemento persoal

3. Indicadores de desenvolvemento 5-6 anos.

Desenvolvemento motor e perceptivo

Desenvolvemento cognitivo

Comunicación e linguaxe

Desenvolvemento social

Desenvolvemento persoal

4. Pautas de estimulación 3-6 anos

4.1. Pautas de estimulación desenvolvemento motor e perceptivo.

4.2. Pautas de estimulación desenvolvemento cognitivo.

4.3. Estimulación da linguaxe.

4.4. Pautas de estimulación desenvolvemento social.

4.5. Pautas de estimulación desenvolvemento persoal.

 

Descargas

 Guía de 3 a 6 anos