Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Axente de Emprego

Obxectivo Xeral

Fomentar a actividade económica e social xerando crecemento económico e desenvolvemento social para intentar reducir a taxa de paro na comarca.   

Obxectivos Específicos 

  • Creación de emprego tanto directa como indirectamente.
  • Acadar a permanencia da poboación nos concellos.
  • Reducir o envellecemento da poboación.
  • Dinamización de agricultura e gandería.
  • Revaloración dos recursos naturais e medioambientais dos concellos.
  • Aplicación de medidas activas de emprego.
  • Activación do investimento empresarial.
  • Formación da poboación a través de ciclos formativos e cursos para aumentar as posibilidades no acceso ao mercado laboral.
  • Participación da poboación no plan de desenvolvemento.
  • Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas que sofren dificultades para integrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todos e todas.
  • Deseñar itinerarios de inserción personalizados.
  • Combater o racismo e a xenofobia en relación ao mercado laboral.
  • Reintegrar as mulleres que abandonaron o mercado laboral.
  • Aumentar os coñecementos sobre o mercado laboral.

Funcións do Axente de emprego 

  • Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose, sobre todo, nos colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir un emprego.
  • Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o seu acceso.
  • Tramitación de subvencións tanto para a entidade local como aos particulares.
  • Implantación das políticas activas de emprego.
  • Coordinación cos diferentes departamentos e servizos do concello coa finalidade de potenciar e dinamizar estes.
  • Dinamización e potenciación dun tecido empresarial.
  • Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo.
  • Acompañamento técnico dos proxectos emprendedores, que xurdan no territorio, na fase do seu lanzamento, así como dos promotores, durante as primeiras etapas do funcionamento das novas empresas, para facilitar a súa consolidación como negocios sostibles que xeren postos de traballo.
  • Asesoramento ás persoas desempregadas, para proporcionar un maior coñecemento dos servizos e instrumentos existentes a favor da inserción laboral e do seu desenvolvemento profesional.
  • Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego existentes no territorio.
  • Facilitar información sobre as potencialidades de emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, e divulgación entre os técnicos e axentes de emprego, os responsables de escolas obradoiros, casas de oficio e obradoiros de emprego...
  • Coordinación das actuacións levadas a cabo polos técnicos locais de emprego.  

Actividades e servizos: 

PROMOCIÓN DO EMPREGO E DA FORMACIÓN 

  • Orientación laboral.
  • Busca activa de emprego.
  • Asesoramento sobre aspectos sociolaborais.
  • Bolsa de emprego.
  • Información sobre cursos AFD, FSE, Fundación tripartita....
  • Envío por e-mail de ofertas de emprego, cursos, competencias clave, listas, oposicións...
  • Xestión de ofertas de emprego... 

 

PROMOCIÓN ECONÓMICA 

  • Información, orientación e asesoramento empresarial.
  • Elaboración de estudos e análises socioeconómicas.
  • Titorización de proxectos de creación de empresas.
  • Busca e asesoramento sobre subvencións e axudas económicas.
  • Información sobre formación para emprendedores.
  • Formación sobre xestión empresarial. 

Horario:

Luns, martes, mércores e venres de 9.30 a 13.30

Servizos Sociais de Oroso. Rúa do Deporte, 9, baixo Sigüeiro-Oroso

Cita previa: 981688950

Responsable do servizo: Rosa Mª Ramírez Campos (Rosi)

e-mail: rosa.ramirez@ordes.gal