Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Centro de Información á Muller

Que é?

O Centro de Información á Muller (CIM) é un servizo da Mancomunidade de Ordes que ofrece información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres na comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). Un asesoramento confidencial e gratuíto en todas as áreas.

 

Actuacións

- Na área psicolóxica: atención psicolóxica en casos de depresión, ansiedade, maltrato, baixa autoestima, dificultades coa parella, apoio de grupo a persoas afectadas por enfermidades crónicas...

- Na área xurídica: información e asesoramento sobre separación, divorcio, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos, réximes matrimoniais, prestacións sociais, pensións, herdanzas....

- Na área de recursos: información sobre recursos para a conciliación da vida laboral e familiar, axudas para as vítimas de violencia de xénero, formación, actividades de tempo libre...

 

Horarios

De 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres)

 

Contacto:

Centro de Información á Muller

Teléfono/fax: 981 682 108

cim@ordes.gal

www.ordessenviolencia.org

Rúa L.Xoxardo, s/n

15680 Ordes, A Coruña