Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Oficina de Fomento Cooperativo

En setembro de 2012 a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pon en funcionamento unha Oficina de Fomento Cooperativo, grazas ao apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dá servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e á economía social no ámbito territorial dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Dende a oficina vanse realizar, por unha banda, os labores de formación e divulgación de fórmulas cooperativas así como a coordinación das activi­dades de fomento e promoción dirixidas á poboación en xeral, e, por outra banda, accións dirixidas a emprendedores, consistentes en información de axudas, asesoría, acompañamento, elaboración de plans empresariais, seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación ou xa activos.

Horarios

De 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres)

 

Contacto:

Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes

Responsable: Manuel Pena Rodríguez

Teléf.: 981680002

E-mail: manuel.pena@ordes.gal