Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Orientación Laboral

Que é?

O servizo de orientación ofrece un proceso continuado de axuda no ámbito laboral ás persoas demandantes de emprego e aquelas que desexan mellorar o que xa teñen, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento profesional e de posibilitar a mellor toma de decisión autónoma para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.

Trátase de facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa  demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir entre elas de maneira autónoma, para un óptimo aproveitamento dos seus recursos en relación ao emprego.

 

Obxectivos do servizo de orientación laboral:

  • Dar a coñecer os recursos e servizos que ofrecen as distintas institucións, en termos de emprego e formación.
  • Traballar sobre o coñecemento do mercado laboral no contorno máis próximo ao servizo e ás persoas usuarias del.
  • Afondar e relacionar o grao de empregabilidade, determinado inicialmente cos recursos da persoa, coas características do mercado de traballo.
  • Potenciar o aumento da dispoñibilidade para o traballo.
  • Determinar as expectativas da persoa usuaria e relacionala cos servizos que poidan axudar a satisfacelas.
  • Potenciar a motivación e a autonomía da persoa demandante na busca de emprego.
  • Fomentar estratexias a seguir de cara á busca activa de emprego.
  • Determinar un plan de traballo que permita situarse nunha mellor posición ante a busca de emprego; ben sexa en intervencións puntuais ou nun proceso (Itinerario Personalizado de Inserción).

 

Horario:

De 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres)

 

Contacto:

Programa de Información, Orientación e Busca de emprego

Responsable: Inés Santos Pereiro

Teléf.: 981 680 679

ines.santos@ordes.gal