Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados

Servizo de Normalización Lingüística

Curso básico de lingua galega

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente). 

Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0224/probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2-3-4-resultados-definitivos

 

Resultados provisionais das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

O prazo de reclamacións remata o 10 de agosto e poderán presentarse mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0224/probas-para-obtencion-dos-certificados-celga-1-2-3-4-resultados-provisionais

 

Xincana lingüística (xullo-agosto 2017)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que vai constar de tres partes fundamentais:

- Unha carreira de remudas

- Move a bóla

- A intrusa

OBXECTIVOS

- Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

- Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

- Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

- Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

- Ampliar vocabulario relacionado co deporte

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

METODOLOXÍA

O persoal técnico de normalización lingüística da Mancomunidade desprazarase a cada un dos concellos para o desenvolvemento da actividade, que terá lugar nun día, nunha sesión de unha a dúas horas aproximadamente, cun máximo de 15-20 participantes 

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2017

 

Sesións informativas Celga (xuño 2017)

O SNL organiza unhas sesións informativas para preparar as probas (sistema de avaliación, prácticas de probas, resolución de dúbidas...) desde o martes 9 de maio ata o xoves 8 de xuño (todos os martes e xoves de 10 a 12) nas instalacións da Mancomunidade de Ordes. Máis información no propio SNL, no teléfono 981 680 002 (ext.120) e no correo electrónico irene.bravo@ordes.gal

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (xuño 2017)

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 4 de maio de 2017.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

Publicadas no DOG de hoxe as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galegohttp://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170320/AnuncioG0244-100317-0001_gl.html

 

A Deputación da Coruña convoca o II Concurso musical infantil "Quero cantar" para rapaces e rapazas de ata 12 anos coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. Máis info e bases en: http://querocantar.gal/

 

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

CORRECCIÓN DE ERROS

Prazo para a presentación das solicitudes: do 9 ao 28 de marzo de 2017.

Solicitude

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo) poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). O centro con máis participantes nese evento será premiado cun lote de libros cedidos pola SXPL da Xunta de Galicia. Ademais, sortearase outro lote de libros entre todo o alumnado participante.  

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 9 de marzo.

 

Convocada unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar 2017. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da SXPL e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0049/lingua-namorar-2017

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (novembro 2016)

Resultados Celga 1

Resultados Celga 2

Resultados Celga 3

Resultados Celga 4

 

Ferramenta para xerar unha carta de resposta dos Reis Magos de Oriente

http://www.cartadosreismagos.gal/index.html

Tras cubrir un sinxelo formulario cos datos do neno ou da nena, crearase un texto personalizado que se poderá imprimir para meter na caixa do correo ou ben enviar por correo electrónico.

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e de cursos preparatorios para a obtención dos Celga nas Escolas Oficiais de Idiomas 

ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 9 de setembro de 2016 para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 2 de xaneiro de 2017 para os do segundo.

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Listaxes definitivas de persoas admitidas e lugares de realización das probas

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 19 de setembro de 2016.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

Curso básico de lingua galega de preparación das probas Celga (nivel 2)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega de preparación das probas para a obtención do Celga 2, dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, fundamentalmente) e de cara á preparación das probas para a obtención do certificado de lingua galega (Celga 2).

Prazo de solicitude: ata o 15 de setembro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 19 setembro-3 novembro 2016 (luns, martes e xoves, de 10:00 a 12:00 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

 

Obradoiro lúdico de lingua galega (xincana lingüística)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que vai constar de tres partes fundamentais:

- Unha carreira de remudas

- Un bingo cheo de persoas

- Palabras encadeadas

OBXECTIVOS

- Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

- Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

- Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

- Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

- Ampliar vocabulario relacionado co deporte

- Reforzar a cohesión grupal a través do xogo lúdico

- Reforzar a integración no grupo de cada rapaz ou rapaza

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

METODOLOXÍA

O persoal técnico de normalización lingüística da Mancomunidade desprazarase a cada un dos concellos para o desenvolvemento da actividade, que terá lugar nun día, nunha sesión de unha a dúas horas aproximadamente, cun máximo de 15-20 participantes 

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2016

FOTOS

Cerceda: 7 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Trazo: 8 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Frades: 12 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Cerceda: 14 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5

Cerceda: 4 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

Oroso: 23 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

Ordes: 24 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

OUTROS:

Entrevista Cadena Ser, programa "Hoy por hoy Santiago" (11-07)

 

Convocatoria de cursos preparatorios para a obtención dos Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 16 de xuño de 2016). 

Prazo para a presentación das solicitudes: 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.  (Ata o 16 de xullo).

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Resultados definitivos das probas Celga 2016

Resultados Celga 1

Resultados Celga 2

Resultados Celga 3

Resultados Celga 4

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega

Convocatoria da SXPL, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, de cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia (PRAZO: do 16 ao 25 de abril de 2016).

Convocatoria da SXPL, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, de cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia (PRAZO: do 2 ao 11 de xuño de 2016).

 

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Centro de Información á Muller e o Gabinete de prensa do citado ente organiza o concurso ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal imos crear un evento en Facebook, a través da páxina do CIM da Mancomunidade, onde compartir versos da escritora. O verso ou versos poderán ser compartidos tanto por escrito como oralmente (un vídeo ou audio recitando). A persoa que consiga máis ‘gústames’ nese evento do Facebook será premiada cunha selección da obra da escritora nun acto que terá lugar o propio Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Ese mesmo día organizaremos tamén unha charla-coloquio onde daremos a coñecer a figura e obra da Rosalía máis reivindicativa.

http://www.mancomunidadeordes.gal/noticias/mancomunidade-1798/a-mancomunidade-de-ordes-promove-e-difunde-a-obra-de-rosalia-de-castro-no-179-aniversario-do-seu-nacemento-08701.html

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

Datas de realización das probas:

Celga 4: 2 de abril de 2016.

Celga 2: 3 de abril de 2016.

Celga 3: 9 de abril de 2016.

Celga 1: 10 de abril de 2016.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 8 de febreiro. Poden presentarse telematicamente ou en soporte papel (descargar formulario solicitude).

 

Desde o 2 de xaneiro de 2014, a Mancomunidade de Ordes conta novamente co Servizo de Normalización Lingüística, ao abeiro da convocatoria da Deputación da Coruña do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para creación ou mantemento dos servizos lingüísticos durante o ano 2014, ademais da subvención concedida por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia segundo a resolución do 7 de xullo de 2014 ao abeiro da convocatoria regulada na orde do 4 de abril de 2014. A súa finalidade fundamental é fomentar o uso e o prestixio da nosa lingua mediante accións que garantan a normalización da lingua galega en todos os ámbitos dos concellos pertencentes á Mancomunidade de Ordes, no conxunto da sociedade en xeral e no ámbito administrativo en particular.

O obxectivo principal do Servizo é, xa que logo, incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos.  As súas funcións están centradas en varios planos diferentes (dinamización e formación sociolingüística e asesoramento lingüístico) e entre elas está a de normalizar e mellorar a imaxe e a calidade lingüística e comunicativa da Administración.

En principio, o programa do SNL estará dirixido basicamente á corrección e actualización da páxina web da Mancomunidade, á organización e impartición de cursos de lingua galega, así como tamén obradoiros de iniciación á lingua e á literatura galegas para nenos e nenas e outras campañas de dinamización social da lingua galega.

 

Desde o 17 de xuño de 2013, a Mancomunidade de Ordes conta cun Servizo de Normalización Lingüística grazas á subvención concedida pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria.

Polo tanto, o SNL da Mancomunidade de Ordes está á disposición de todos os concellos integrantes dela co obxectivo principal de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos. 

As súas funcións están centradas en varios planos diferentes:

Funcións xerais:

Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística.

Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.

Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos e das aspirantes.

Funcións de dinamización lingüística:

Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.

Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.

Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.

Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.

Funcións de formación sociolingüística:

Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos.

Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos etc.

Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.

Funcións de asesoramento lingüístico:

Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.

Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.

Resolver dúbidas lingüísticas.

 

Ligazóns de interese relacionadas coa lingua e coa normalización

Institucións:

Secretaría Xeral de Política Lingüística
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación
Real Academia Galega
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega

Organizacións e asociacións:
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
A Mesa pola Normalización Lingüística
 

Dicionarios e vocabularios:
Vocabulario ortográfico da lingua galega
Dicionario da Real Academia Galega (adaptado á normativa 2003)
Dicionario de galego de Ir Indo (adaptado á normativa 2003)
Buscatermos
Portal das palabras
- Tergal

Correctores e tradutores automáticos:

Corrector Imaxin Galgo 2.0
Corrector para o Word de Windows
Corrector en liña Ortogal
Tradutor automático Es>GL da Xunta de Galicia
Tradutor Apertium

Lexislación lingüística:
Compilación de lexislación da lingua galega na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Toponimia:

-Nomenclátor
-Nomenclátor de Ordes
-Nomenclátor de Frades
-Nomenclátor de Oroso
-Nomenclátor de Trazo
-Nomenclátor de Tordoia
-Nomenclátor de Cerceda
-Nomenclátor de Mesía

Para calquera aclaración, dúbida ou suxestión ponte en contacto con:

Irene Bravo Pérez
Servizo de Normalización Lingüística
Mancomunidade de Ordes
R) L. Xoxardo, S/N
15680 Ordes
Teléfono 981 680 002 (ext. 120)
Correo electrónico irene.bravo@ordes.gal