Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

2015-2016

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (novembro 2016)

Resultados Celga 1

Resultados Celga 2

Resultados Celga 3

Resultados Celga 4

 

Ferramenta para xerar unha carta de resposta dos Reis Magos de Oriente

http://www.cartadosreismagos.gal/index.html

Tras cubrir un sinxelo formulario cos datos do neno ou da nena, crearase un texto personalizado que se poderá imprimir para meter na caixa do correo ou ben enviar por correo electrónico.

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e de cursos preparatorios para a obtención dos Celga nas Escolas Oficiais de Idiomas 

ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 9 de setembro de 2016 para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 2 de xaneiro de 2017 para os do segundo.

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Listaxes definitivas de persoas admitidas e lugares de realización das probas

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 19 de setembro de 2016.

Modelo de solicitude

Modelo de autoliquidación de taxas

 

Curso básico de lingua galega de preparación das probas Celga (nivel 2)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega de preparación das probas para a obtención do Celga 2, dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, fundamentalmente) e de cara á preparación das probas para a obtención do certificado de lingua galega (Celga 2).

Prazo de solicitude: ata o 15 de setembro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 19 setembro-3 novembro 2016 (luns, martes e xoves, de 10:00 a 12:00 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

 

Obradoiro lúdico de lingua galega (xincana lingüística)

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua galega para nenos e nenas, mediante a interacción con eles e elas a través dunha actividade tipo xincana lingüística, de xeito lúdico e educativo, que vai constar de tres partes fundamentais:

- Unha carreira de remudas

- Un bingo cheo de persoas

- Palabras encadeadas

OBXECTIVOS

- Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego

- Favorecer o uso da lingua galega nas actividades lúdicas

- Ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega

- Relacionar  a práctica do deporte co uso do galego

- Ampliar vocabulario relacionado co deporte

- Reforzar a cohesión grupal a través do xogo lúdico

- Reforzar a integración no grupo de cada rapaz ou rapaza

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria (de 6 a 12 anos)

METODOLOXÍA

O persoal técnico de normalización lingüística da Mancomunidade desprazarase a cada un dos concellos para o desenvolvemento da actividade, que terá lugar nun día, nunha sesión de unha a dúas horas aproximadamente, cun máximo de 15-20 participantes 

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2016

FOTOS

Cerceda: 7 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Trazo: 8 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Frades: 12 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4

Cerceda: 14 de xullo

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5

Cerceda: 4 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

Oroso: 23 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

Ordes: 24 de agosto

Foto 1  Foto 2  Foto 3  Foto 4  Foto 5  Foto 6

OUTROS:

Entrevista Cadena Ser, programa "Hoy por hoy Santiago" (11-07)

 

Convocatoria de cursos preparatorios para a obtención dos Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 16 de xuño de 2016). 

Prazo para a presentación das solicitudes: 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.  (Ata o 16 de xullo).

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4

Resultados definitivos das probas Celga 2016

Resultados Celga 1

Resultados Celga 2

Resultados Celga 3

Resultados Celga 4

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega

Convocatoria da SXPL, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, de cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia (PRAZO: do 16 ao 25 de abril de 2016).

Convocatoria da SXPL, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, de cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia (PRAZO: do 2 ao 11 de xuño de 2016).

 

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Centro de Información á Muller e o Gabinete de prensa do citado ente organiza o concurso ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal imos crear un evento en Facebook, a través da páxina do CIM da Mancomunidade, onde compartir versos da escritora. O verso ou versos poderán ser compartidos tanto por escrito como oralmente (un vídeo ou audio recitando). A persoa que consiga máis ‘gústames’ nese evento do Facebook será premiada cunha selección da obra da escritora nun acto que terá lugar o propio Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Ese mesmo día organizaremos tamén unha charla-coloquio onde daremos a coñecer a figura e obra da Rosalía máis reivindicativa.

http://www.mancomunidadeordes.gal/noticias/mancomunidade-1798/a-mancomunidade-de-ordes-promove-e-difunde-a-obra-de-rosalia-de-castro-no-179-aniversario-do-seu-nacemento-08701.html

 

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

Datas de realización das probas:

Celga 4: 2 de abril de 2016.

Celga 2: 3 de abril de 2016.

Celga 3: 9 de abril de 2016.

Celga 1: 10 de abril de 2016.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 8 de febreiro. Poden presentarse telematicamente ou en soporte papel (descargar formulario solicitude).

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso de lingua galega de preparación das probas Celga, dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias necesarias en lingua galega de cara á preparación das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga).

Curso de lingua galega de preparación das probas Celga (niveis 2 e 3)

Prazo de solicitude: ata o 15 de outubro

Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 10.00 a 14:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)

Datas de realización do curso: 19 outubro-3 decembro 2015 (luns, martes e xoves, de 10:00 a 12:00 horas)

Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

 

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 21 de agosto de 2015). Un destes cursos realizarase en Ordes:

Nivel: Celga 4

Código: CL4201515059006

Lugar: IES nº 1 (Rúa Mestre Nicolás del Río, s/n)

Datas: do 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: de luns a venres, de  20.00 a 22.00 horas

Prazo para a presentación das solicitudes15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 

Poden dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Ordes se necesitan máis  información ou consultala na páxina web.

 

ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

 

OBRADOIRO DE LINGUA E LITERATURA (proceso de elaboración dun cómic)

Publicados os cómics e/ou viñetas realizados no Obradoiro de cómic organizado e impartido polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes

Tordoia (28 de xullo)

Trazo (29 de xullo)

Frades (6 de agosto)

Ordes (11 de agosto)

Oroso (28 de agosto)

 

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai impartir un obradoiro de lingua e literatura galegas para nenos e nenas, de xeito lúdico e mediante a interacción con eles e elas coa idea fundamental de fomentar a súa creatividade, para aprender as nocións básicas do proceso de elaboración dun cómic.

OBXECTIVOS XERAIS

  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.
  • Fomentar a creatividade en galego como forma lúdica de galeguización.

POBOACIÓN DESTINATARIA

Nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria. (De 6 a 10 anos).

METODOLOXÍA

O persoal técnico de normalización lingüística da Mancomunidade desprazarase a cada un dos seis concellos (Ordes, Oroso, Frades, Cerceda, Tordoia e Trazo) para o desenvolvemento do obradoiro, que terá lugar nun só día, nunha sesión de dúas horas aproximadamente, cun máximo de 15 participantes.

A partir da lectura e visualización dun cómic dos Bolechas, intentaremos explicar as nocións básicas do proceso de elaboración dun cómic.

  1. Ler e ver o cómic.
  2. Breve explicación do proceso de elaboración dun cómic (creación dunha viñeta, elementos, tipos de planos e ángulos…).
  3. Actividades cun cómic (recoñecemento de personaxes, identificación dos diferentes tipos de bocadillos e viñetas…) programadas en función da idade.
  4. Elaboración dunha viñeta final, a partir dunha ficha que lles será entregada aos nenos e nenas coas nocións básicas do proceso de elaboración dun cómic.

As viñetas finais realizadas en cada un dos obradoiros serán publicadas na páxina web da Mancomunidade.

PERIODIZACIÓN

Xullo-agosto 2015

 

CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA ‘O GALEGO VENDE’

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai poñer en funcionamento a campaña de dinamización lingüística ‘O galego vende’, coa que se pretende chegar a toda a cidadanía desde o ámbito do comercio, por ser este un ámbito de grande incidencia na nosa sociedade.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental é estender o uso da lingua galega nas relacións comunicativas do ámbito do comercio, cun peso moi importante na vida diaria de calquera persoa, para crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer este tipo de relacións, así como de calquera outro tipo.

Ademais, vaise colaborar con entidades de fomento e impulso da economía (asociacións de comerciantes) coa finalidade de incidir no establecemento da oferta positiva de atender a clientela en galego como práctica comercial habitual.

DESTINATARIOS/AS          

Toda a cidadanía, a través dos establecementos comerciais.

METODOLOXÍA

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar directamente cos establecementos comerciais para informalos e/ou asesoralos neste procedemento para a normalización da lingua e propoñerlles a adhesión a esta campaña, así como a súa inclusión na páxina web da Mancomunidade (http://www.mancomunidadeordes.gal/ ) como establecemento participante.

A campaña vaise iniciar co compromiso por parte do establecemento do uso do galego na atención á clientela, nos escritos (tipo tíckets da compra) e carteis ou na publicidade do negocio (tamén en páxinas web e redes sociais), cando menos en igualdade co castelán:

  1. Fomentaremos a atención á clientela en galego, para poñer en práctica a oferta positiva á que fai referencia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
  2. O establecemento colocará nun lugar visible un cartel co lema da campaña “O galego vende”, como reclamo de atención para a clientela.
  3. Repartiremos folletos informativos sobre a campaña nos distintos establecementos comerciais adheridos a ela, para concienciar á clientela sobre a necesidade do uso da lingua galega.
  4. O galego será a lingua empregada nos avisos, nos escritos (tipo tíckets da compra) e nos carteis que precise o negocio, cando menos en igualdade co castelán.
  5. Realizaremos en lingua galega a publicidade do establecemento, tanto por escrito impreso como en Internet (páxinas web ou redes sociais), aínda que tendo a opción de publicitarse nas dúas linguas.
  6. Crearemos unha sección na páxina web da Mancomunidade onde colgaremos toda a información que desexen os establecementos adheridos á campaña, ademais de fotos e publicidade comercial, totalmente de balde, sempre e cando sexa en galego, coa posibilidade de incluír ligazóns ás propias páxinas web dos diferentes establecementos no caso de que a teñan.
  7. Darase oportuna información á prensa da campaña e da adhesión dos establecementos comerciais a esta.