Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía

Rosalía verso a verso (2016-2018)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través da rede social Facebook para celebrar conxuntamente o Día de Rosalía, 24 de febreiro (no que se conmemora o seu nacemento), e o Día das Letras Galegas, 17 de maio.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desas datas tan significativas, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado dos centros educativos da comarca poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). Será premiado o centro con máis participantes no evento, ademais de facerse un sorteo entre o alumnado participante (ben individualmente ou en grupo). Os premios (lotes sorpresa para os que contamos coa colaboración da SXPL da Xunta de Galicia) daranse a coñecer en canto finalice o concurso. Pretendemos, asemade, estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.

POBOACIÓN DESTINATARIA

Alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo).

METODOLOXÍA

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

PERIODIZACIÓN

Febreiro-maio 2018.

Evento en Facebook

 

2017 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes organiza a actividade ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal creamos un evento en Facebook onde o alumnado dos centros educativos da comarca poida compartir versos da escritora (un audio ou vídeo no que aparezan recitando). O centro con máis participantes nese evento será premiado cun lote de libros cedidos pola SXPL da Xunta de Galicia. Ademais, sortearase outro lote de libros entre todo o alumnado participante.  

Pretendemos, asemade, estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego.

POBOACIÓN DESTINATARIA

Alumnado dos centros educativos da comarca (concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo).

METODOLOXÍA

O SNL da Mancomunidade de Ordes vai contactar cos ENDL dos centros educativos solicitándolles a súa colaboración para a difusión e a participación do alumnado na iniciativa.

Os audios e/ou vídeos deberán ser colgados no evento do Facebook creado para a ocasión (Rosalía verso a verso), indicando o centro educativo e o curso ao que pertence o alumnado participante, desde o 24 de febreiro, Día de Rosalía, ata o 9 de marzo.

PERIODIZACIÓN

Febreiro-marzo 2017.

 

2016

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes, en colaboración co Centro de Información á Muller e o Gabinete de prensa do citado ente organiza o concurso ‘Rosalía verso a verso’, unha acción colectiva a través  da rede social Facebook para celebrar o Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro, no que se conmemora o seu nacemento.

O obxectivo fundamental é dar a coñecer a obra de Rosalía arredor desa data tan significativa, para o cal imos crear un evento en Facebook, a través da páxina do CIM da Mancomunidade, onde compartir versos da escritora. O verso ou versos poderán ser compartidos tanto por escrito como oralmente (un vídeo ou audio recitando). A persoa que consiga máis ‘gústames’ nese evento do Facebook será premiada cunha selección da obra da escritora nun acto que terá lugar o propio Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Ese mesmo día organizaremos tamén unha charla-coloquio onde daremos a coñecer a figura e obra da Rosalía máis reivindicativa.

Cartel da iniciativa

Evento en Facebook

Foto charla-coloquio

Foto entrega premio