Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa de Santa Comba de Xesteda

-Lugar: Xesteda.

-Parroquia: Santa Comba de Xesteda.

-Denominación: Igrexa parroquial de Santa Comba de Xesteda.

-Cronoloxía: Século XVII.

Trátase dun templo no que predominan os elementos barrocos, aínda que é sabido que a súa orixe é románica.

Presenta unha planta rectangular cunha soa nave, que na cabeceira se reduce en anchura, dando paso, a través dun arco triunfal, ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón, e á sancristía. Os muros de carga son de cantería e a cuberta a dúas augas con cimbros de formigón e cubrición de tella curva.

Cómpre salientar a fachada, que presenta, dispostos de xeito axial, a porta, unha fornela que acolle á santa titular, un óculo cerrado con estruturas de aluminio e unha espadana composta por dous arcos con pequena balaustrada e remate en peita.

Encóntrase nunha zona rural, rodeada dun arboredo cun cruceiro no medio do campo da romaría. O seu estado de conservación é bo xa que foi remodelada a principios dos anos oitenta. Na restauración atopáronse algúns restos de orixe medieval, como unhas lousas nas que aparecía labrado o nome do señor feudal que financiou a construción do templo.

 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa de Santa Comba de Xesteda
Xesteda - Parroquias
Cerceda (1.51 km)
Área recreativa do Adro de Rodís - Lugares de interese
Cerceda (2.55 km)
Igrexa de San Martiño de Rodís - Arquitectura Relixiosa
Cerceda (2.84 km)
Encoro de Vilasenín - Lugares de interese
Ordes (3.23 km)
Queixas - Parroquias
Cerceda (3.40 km)