Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa de Santa María de Queixas

-Lugar: Queixas.

-Parroquia: Santa María de Queixas.

-Denominación: Igrexa parroquial de Santa María de Queixas.

-Estilo: Barroco.

Templo rural dunha soa nave á que se abren dúas pequenas capelas laterais que lle confiren ao conxunto un aspecto cruciforme. Tanto a nave como as capelas aparecen cubertas por unha bóveda de canón, así como a sancristía, situada inmediatamente despois do altar maior. Este último cóbrese cunha cúpula de media laranxa sobre pendentes, que no exterior se traduce nunha estrutura cuadrangular coroada por pináculos nas esquinas e na parte central. O resultado externo da conxugación de todos estes é un xogo de volumes cúbicos. Os materiais empregados son a cantería de gran e a tella curva.

A fachada principal, aínda que sinxela, constitúe a parte máis decorativa do exterior. Nela, e nun mesmo eixo vertical central, sitúanse a porta e un van, ambos rectangulares e desprovistos de elementos decorativos, unha fornela coa imaxe da virxe e unha espadana de dous arcos rematada nun frontón curvo. No interior cómpre salientar a existencia de pinturas murais na cúpula, coa representación da bóveda celeste, ademais da presenza dun retablo pétreo coa Inmaculada no pano central, flanqueada por catro columnas con capitel clásico e o ático rematado nun cornixamento curvo.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa de Santa María de Queixas
Queixas - Parroquias
Cerceda (1.10 km)
As Encrobas - Parroquias
Cerceda (3.03 km)
Aquapark - Lugares de interese
Cerceda (3.07 km)
Xesteda - Parroquias
Cerceda (3.87 km)
Museo do Moucho - Museo
Cerceda (4.17 km)