Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa de Santo André de Meirama

-Lugar: Meirama.

-Parroquia: Santo André de Meirama.

-Denominación: Igrexa parroquial de Santo André de Meirama.

-Cronoloxía: Século XIII (ábsida).

A igrexa rural de Santo André de Meirama é outro dos templos de orixe románica do concello de Cerceda, aínda que hoxe a conservamos transformada debido a remodelacións posteriores.

O seu estado actual é bo, xa que pasou por unha restauración no ano 1986. A sinxela disposición dos elementos arquitectónicos é a mesma que atopamos noutros exemplos da zona.

Posúe planta rectangular cun pequeno corpo engadido na cabeceira dun lateral, a sancristía. Unido a ela, construído con posterioridade, aparece un pórtico lateral sostido por piares de madeira. A única nave sepárase do presbiterio, que ten forma cuadrangular, por medio dun arco triunfal. Os muros de carga son de cantería e a cuberta a dúas augas de tella curva. Cómpre mencionar a presenza de cemento en moitas partes da construción, consecuencia desas remodelacións xa citadas. Na fachada, como é habitual, prima a sobriedade, seguindo o esquema de porta, van e espadana en pedra labrada, os dous primeiros rectangulares e lixeiramente moldeados e a última dun arco e rematada en cornixa coroada por unha cruz e pináculos con bólas nos extremos.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa de Santo André de Meirama
Casal do Igrexario - Arquitectura Relixiosa
Cerceda (0.05 km)
Meirama - Parroquias
Cerceda (0.08 km)
Ruta Meirama - Monte Xalo - Meirama - Roteiros
Cerceda (0.18 km)
Miradoiro sobre a Mina en Meirama - Lugares de interese
Cerceda (1.00 km)
Pazo de Lavandeiras - Patrimonio Civil
Cerceda (3.58 km)