Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Capela das Virtudes e Cruceiro de Vitre

Situada nun contorno natural, nunha carballeira e cunha fonte nas proximidades, na parroquia de Vitre.

A planta, que vén condicionada polo terreo irregular e en pendente, é rectangular cun corpo engadido no lateral da cabeceira, que lle confire un aspecto en “L”. No alzado presenta dous corpos graduados en altura, producindo un xogo de volumes que outorga maior dinamismo ao conxunto. As cubertas son de tella curva a dobre vertente e os vans moi escasos.

A decoración redúcese a unha espadana en dobre altura, con pináculos ornamentais e unha cruz pintada no alzado lateral dereito. A fachada segue o esquema común á zona: porta, van e espadana nun mesmo eixo lonxitudinal central. Encóntranse en bo estado, dada a súa recente restauración, cos parámetros revocados en branco e as esquinas e marcos dos vans formados por pezas de cantería á vista.

Nela celébrase unha concorrida romaría popular, na honra á Nosa Señora das Virtudes.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Capela das Virtudes e Cruceiro de Vitre
Lanzá - Parroquias
Mesía (2.08 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Vitre - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.12 km)
Parroquia de Vitre - Parroquias
Frades (2.13 km)
Muíño de Céltigos - Natureza
Frades (2.30 km)
Capela de Augas Santas e Cruceiro de Vitre - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.93 km)