Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Capela de Augas Santas e Cruceiro de Vitre

Está situada na parroquia de Céltigos. Esta ermida de reducidas dimensións presenta unha planta en “L” adaptada á lixeira pendente do terreo. Posúe tres entradas, unha na parte frontal en forma de arco, outra no lateral dereito e a outra, no extremo do brazo curto, precedida por un pequeno soportal sostido por piares de cachotería.

A estrutura dos muros é tamén de cachotería revestida e pintada, con pezas de cantería encintada en esquinas e vans, sendo estes últimos pouco abondosos. A cuberta é de tella a dúas augas. Resulta peculiar a presenza da campá no mesmo eixo cá porta principal, sostida por unha estrutura metálica no lugar da espadana tan frecuente nas construcións relixiosas desta zona.

O seu estado de conservación é bo e sitúase nun contorno rural rodeada de árbores e facendo conxunto cunha fonte, estreitamente vinculada á ermida. É de interese, xa non tanto polo seu valor arquitectónico como pola súa privilexiada situación.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Capela de Augas Santas e Cruceiro de Vitre
Muíño de Céltigos - Natureza
Frades (1.15 km)
Parroquia de Vitre - Parroquias
Frades (1.62 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Vitre - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.62 km)
Parroquia de Céltigos - Parroquias
Frades (2.17 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Céltigos - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.17 km)