Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Capela de San Paio e Cruceiro de Añá

Situada na parroquia de Añá. A sinxeleza e pequenas dimensións, así como a súa situación nun contorno natural illado, son características en común coas outras ermidas do termo. É de planta rectangular dunha soa nave cun pequeno engadido lateral de forma tamén rectangular que fai as funcións de sancristía e que tamén ten entrada desde o exterior. Unha inscrición da fachada revélanos o seu ano de construción, 1907.

Construída en cachotería, aínda conserva o revoco nalgunhas partes. A fachada está sen recebar, coa cachotería á vista, e segue o reiterado esquema pentagonal, aínda que a menor escala, con porta, van e espadana dun só arco rematada en pináculos e cruz, nun mesmo eixo central, e acroterios nos extremos superiores.

O cruceiro ten plataforma cuadrangular, pedestal cúbico, varal circular, capitel cilíndrico, no anverso un Cristo crucificado e no reverso a Dolorosa.

Presenta cuberta de tella curva a dúas augas. Non posúe vans agás a pequena fiestra enriba da porta, que é a única que proporciona luz á nave. En torno a ela celébrase unha romaría popular á que acoden devotos dos lugares veciños.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Capela de San Paio e Cruceiro de Añá
Parroquia de Ledoira - Parroquias
Frades (1.51 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Ledoira - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.51 km)
Parroquia de Añá - Parroquias
Frades (2.42 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Añá - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.43 km)
Área recreativa A Presa de Ponte Carreira - Natureza
Frades (2.50 km)