Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Aiazo

A Igrexa de San Pedro de Aiazo está situada nun contorno natural no núcleo da parroquia, no que se concentran as vivendas. Forma conxunto co cemiterio e co campo da festa, que se completa cun palco de factura recente e un cruceiro. É un edificio construído en cachotería revestido e pintado de branco, coa presenza de cantería arredor dos vans e nas esquinas.

A planta é rectangular dunha soa nave, cun engadido cuadrangular á esquerda da cabeceira e un coro elevado á entrada. A cuberta a dúas augas é de tella. O esquema da fachada principal é o clásico, moi abondoso nesta zona, coa porta, a fornela e co santo titular – neste caso San Pedro – , a fiestra e a espadana no mesmo eixo vertical. Tanto esta última, de dous vans, como os acroterios que coroan os extremos da fachada son de recente construción. A sobriedade e a escaseza de vans caracterizan todo o edificio.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Aiazo
Parroquia de Aiazo - Parroquias
Frades (0.00 km)
Pazo do Casal - Patrimonio Civil
Frades (0.36 km)
Ruta de Sendeirismo polo Río Tambre - Roteiros
Frades (0.49 km)
Área recreativa Os Pasos de Aiazo - Natureza
Frades (0.51 km)
Parroquia de Gafoi - Parroquias
Frades (2.71 km)