Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa parroquial e Cruceiro de Gafoi

Conserva unha porta románica con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior axadrezada. Unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval, xace no chan do adro. Construída na honra de Santa Mariña.

Igrexa parroquial do século XII. Considerada a máis antiga do termo, esta igrexa rural é, na súa orixe, románica, se ben pasou por remodelacións en época barroca, das que proceden moitos dos seus elementos. Presenta unha planta rectangular con presbiterio separado por arco triunfal e sobreelevado con respecto á nave, sancristía na parte posterior e coro nos pés. Na fachada, nun mesmo eixo vertical central, alíñanse a portada, un van e unha espadana. A porta principal, de carácter románico, componse de dous arcos de medio punto apoiados en pequenas columnas de capitel esquematizado acubilladas nas xambas. Tanto o tímpano como os arcos carecen de decoración, a excepción da arquivolta de remate, que presenta un axadrezado. Encima a espadana de dobre van rematada en pináculos con bólas e un corpo composto por un óculo e rematado en cornixamento curvo con elementos decorativos propios do barroco. O presbiterio alberga un retablo de madeira barroco, composto por columnas balaustradas.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa parroquial e Cruceiro de Gafoi
Parroquia de Gafoi - Parroquias
Frades (0.00 km)
Muíño do Mesón de Ponte Carreira - Natureza
Frades (0.53 km)
Área recreativa A Presa de Ponte Carreira - Natureza
Frades (0.78 km)
Parroquia de Ledoira - Parroquias
Frades (1.63 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Ledoira - Arquitectura Relixiosa
Frades (1.63 km)