Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Pazo do Peñasco

Situado na parroquia de Abellá, no límite co concello de Ordes, foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde. Ostenta un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo. Recentemente levouse a cabo unha reconstrución do edificio.

O pazo do Peñasco é un claro exemplo do que foi a evolución construtiva deste tipo de edificacións ao longo dos séculos, xa que nel se poden apreciar distintas etapas. A actual planta en forma de “U” xorde dun volume principal de traza rectangular ao que se lle van apegando novos corpos, seguindo as necesidades dos propietarios, facendo que o pazo medre ata configurar a tipoloxía máis evolucionada na arquitectura palaciana. A entrada pode realizarse de dúas formas, ben a través do portón que elegante se recorta no muro de peche e que se abre ao patio descuberto, ou ben directamente á vivenda no volume situado á dereita do devandito acceso. Neste mesmo corpo aparece apegada unha pequena capela que mantén a tipoloxía dos vans, distinguíndose tan só pola presenza dunha sinxela espadana que, coroada con pináculos, interrompe a liña da cornixa.

Lugar: Peñasco, Santo Estevo de Abellá.
Denominación: Pazo do Peñasco.
Cronoloxía: Século XVII.
Estilo: Barroco.

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Pazo do Peñasco
Vilamaior - Parroquias
Ordes (2.60 km)
Igrexa parroquial de Santiago de Vilamaior - Arquitectura Relixiosa
Ordes (2.60 km)
Parroquia de Abellá - Parroquias
Frades (2.76 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Abellá - Arquitectura Relixiosa
Frades (2.76 km)
Olas - Parroquias
Mesía (3.86 km)