Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Casa Grande Xanceda

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica familiar.  Nela producen leite e produtos lácteos moi ricos e 100% naturais. Esta ecogranxa ten  200 hectáreas de prados e bosques nos que pasean e pastan felices as súas 350 vacas.

Esta ecogranxa ten a súa orixe nos anos 60, cando Felipe e Victoria Fdez.-Armesto, grandes amantes das vacas felices, lle deron vida á Casa Grande de Xanceda. Trouxeron desde Canadá 20 vacas frisonas para dedicarse á súa gran paixón. Aínda que nesta época non existía a agricultura ecolóxica certificada oficialmente, desde o principio evitaron o uso de pesticidas e outros produtos químicos por convencemento de que había unha forma máis responsable e respectuosa de producir lácteos. Con esta visión e este convencemento a granxa foi medrando, e co cambio xeracional en 2002, a granxa xa acadara o seu tamaño actual.

A día de hoxe, Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor ecolóxico de toda España, poñendo no mercado produtos como: leite, iogures, queixos, manteiga e iogur de beber.

O nome da granxa débese a unha casona do século XVIII situada nos seus terreos e na cal actualmente se atopan as oficinas e a ecotenda.

Na Casa Grande de Xanceda organizan visitas guiadas para coñecer as diferentes instalacións e o proceso de elaboración dos seus produtos ecolóxicos. Para realizar unha visita guiada a este fermoso lugar é imprescindible reservar con antelación. Máis información e reservas:

Teléfono: 981 687 007

Correo electrónico: info@casagrandexanceda.es

Web: www.casagrandexanceda.es

 

 

 

 

 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Casa Grande Xanceda
Piscina Municipal - Lugares de interese
Mesía (2.09 km)
Xanceda - Parroquias
Mesía (2.43 km)
Piscina Municipal - Lugares de interese
Frades (3.14 km)
Parroquia de Papucín - Parroquias
Frades (3.29 km)
Igrexa parroquial e Cruceiro de Papucín - Arquitectura Relixiosa
Frades (3.30 km)