Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Aula da Natureza e Museo Etnográfico Brañas de Valga

A aula da natureza e o museo etnográfico están instalados nun edificio de dúas plantas (baixo e soto) situado xunto a unha antiga barreira de extracción de arxila recuperada como lagoa naturalizada. Antigamente existía aquí un xacemento de barro (barreira) do que se extraía ese material para utilizalo na industria cerámica. As extraccións deron lugar a un profundo oco no terreo que, pouco a pouco, se foi enchendo de auga, converténdose nunha lagoa. Este lugar foi acondicionado con pasamáns, áreas de descanso, pasarelas e un firme adecuado para poder realizar un itinerario de observación arredor da lagoa.

A aula da natureza e o museo compóñense das seguintes salas:

Exposición sobre o medio natural das brañas (Planta baixa)

Está composta por paneis interpretativos con abundante información sobre diferentes aspectos naturais das brañas e a fauna e flora das zonas húmidas, así como sobre o valor ecolóxico destas.

 

Aula taller-laboratorio (Planta baixa )

Esta aula é un pequeno laboratorio para realizar estudos e experiencias prácticas. Presenta unha capacidade orixinal de 40 participantes.

 

Aula de olería de Galicia (Planta baixa)

Esta sala acolle unha ampla exposición das catro olerías existentes en Galicia. Conta con varios paneis explicativos e un gran número de pezas de barro.

 

Aula de exposicións temporais (Planta baixa )

Está destinada a pequenas exposicións temporais. Nela tamén se poden realizar pequenas proxeccións e diferentes dinámicas educativas.

 

 Museo da arxila (Soto)

Conta con mostras de cerámica, mostras de aplicacións da arxila e unha serie de paneis sobre a historia da cerámica en Galicia, as técnicas de elaboración de diferentes produtos cerámicos etc.

 

Horario de apertura: de luns a venres de 10:00 a 14:00h. E sábados pola mañá para actividades programadas. Para solicitar unha visita guiada e/ou obradoiro é imprescindible reservar.

Máis información na páxina web: www.aulanatureza.concellodemesia.es

Solicitude de visitas guiadas:

- Concertar cita por teléfono no 699 45 37 50 (Aula Natureza-Museo Etnográfico) ou no 981 687 241 (Casa da Cultura).

- Concertar cita por correo electrónico: aulanatureza@concellodemesia.es

 

 

 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Aula da Natureza e Museo Etnográfico Brañas de Valga
Área recreativa Brañas de Valga - Natureza
Mesía (0.10 km)
Visantoña - Parroquias
Mesía (0.71 km)
Ruta de sendeirismo da Fraga aos Muíños - Roteiros
Mesía (1.33 km)
Olas - Parroquias
Mesía (2.88 km)
Mesía - Parroquias
Mesía (3.43 km)