Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Albixoi

Composta polas aldeas da Carballeira, A Casanova, Castiñeiras, A Fieiteira, O Formigueiro, A Fraga da Lata, A Fraga, A Igrexa, A Lata, Novás, Ousende, O Parceiro, Pereira, Quintás, A Torre, Xemerás e Xestosa, que ocupan unha superficie de 8.48 km2.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial que pertence a finais do S. XVI, é un exemplo de construción rural de carácter relixioso de gran sinxeleza e sobriedade. A igrexa albergou un importante retablo do S. XVIII realizado por Casas e Novoa, que desgraciadamente foi destruído arredor do ano 1964.

Arquitectura popular

Na aldea de Xestosa atopamos un muíño de moi pequenas dimensións e semienterrado no terreo, que pertence aos chamados muíños de rodicio, coa súa roda motriz en horizontal.

Termalismo

Tamén na aldea de Xestosa contamos cos restos do que foi un pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado, úlceras...
Trátase dun manancial que nace nas rochas e que verte as augas por un picho cara a unha fonte.

Festividades e santuarios

Corpus Christi o 15 de xuño
Santa Mariña 15 e 16 de xullo

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Albixoi
Cumbraos - Parroquias
Mesía (2.67 km)
Lanzá - Parroquias
Mesía (2.99 km)
Xanceda - Parroquias
Mesía (3.27 km)
Casa do Coronel - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (3.42 km)
Capela das Virtudes e Cruceiro de Vitre - Arquitectura Relixiosa
Frades (3.48 km)