Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
NovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e GastronomíaServizos Mancomunados
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Bascoi

Cunha superficie de 10,08 km2. está formada por Amande, Augalada, Bermui, Os Blancos, O Campo, As Corredoiras, O Fondo, A Fonte, A Fraga, Gandarela, Liñarcovo , O Medio, Paredes, A Pedreira, A Pobra, A Rañoa, O Regueiro, Sadornín, Tamarín, As Teixoeiras, A Uceira, Vilanova e Vilariño.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial que data do século XVII e destaca pola súa total ausencia de elementos ornamentais exteriores.

No seu interior garda un coro de madeira elevado, situado aos pés, e un arco de triunfo que divide o presbiterio da nave.

A capela de San Roque e a Virxe do Carme presentan elementos góticos e barrocos.

Arquitectura civil

Na aldea da Pobra atopamos as ruínas da que foi a Torre Fortaleza de Mesía. Do estilo gótico tardío ao que pertence, a día de hoxe, consérvanse parte das murallas, parte do que era o foxo, e indicios de como era a distribución do interior.

Foi mandada construír por Gonzalo Díaz de Mesía, aínda que pouco máis tarde pasou a ser propiedade de Gómez Pérez das Mariñas.

Durante a revolta dos irmandiños, no ano 1467, os campesiños que se revelaron contra os nobres provocaron na torre un deterioro importante.
A loita pola titularidade da Torre continuou entre o bispo de Santiago Alonso de Fonseca e Gómez das Mariñas.

Todos estes conflitos foron levando a dita construción a un estado progresivo de deterioro e abandono total na actualidade.

Festividades e santuarios

Na honra á Virxe do Carme, o 16 de xullo
Santiago Apóstolo o 24 e o 25 de xullo
Santa Bárbara o 2 de decembro

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Bascoi
Torre Fortaleza de Mesía - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (2.03 km)
Cabrui - Parroquias
Mesía (2.66 km)
Casa do Coronel - Patrimonio Arqueolóxico
Mesía (2.87 km)
Piscina Municipal - Lugares de interese
Mesía (3.46 km)
Albixoi - Parroquias
Mesía (3.88 km)