Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Castro

Ten unha superficie de 4,86 km2 e está formada polas aldeas da Carballeira, Gosende, A Igrexa, O Lago, O Pazo, A Ponte, Receá, O Telleiro, A Vila e As Xunqueiras.

Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial é de gran sobriedade decorativa, cunha planta rectangular e unha soa nave, da que sobresae un espazo a cada lado, que no seu interior acolleu senllos retablos.

Arquitectura civil

No Lago atópase un pazo datado do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha capela cun pequeno retablo do ano 1842.

Nesta mesma parroquia atópase outro pazo chamado Casa da Vila, mandado construír por Saturnino Aller, que foi presidente da Deputación da Coruña. Data do séc. XIX e posúe unha biblioteca cun bo número de volumes, ao igual que un observatorio na parte máis alta, pois alí vivía don Ramón Aller, coñecido astrónomo irmán do antigo dono.

Festividades e santuarios

Na honra a San Sebastián, o 20 de xaneiro
Corpus Christi, o 8 e o 9 de xullo

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Castro
Pazo da Vila - Patrimonio Civil
Mesía (0.47 km)
Pazo de Lago, O - Patrimonio Civil
Mesía (0.74 km)
Cumbraos - Parroquias
Mesía (1.70 km)
Lanzá - Parroquias
Mesía (2.51 km)
Cumbraos - Parroquias
Mesía (2.87 km)